Monday 29 de April de 2024

Os veciños e veciñas de Ordes descobren os segredos da Ribeira Sacra


Un bo número de veciños e veciñas de Ordes están a descubrir no día de hoxe as marabillosas paisaxes da Ribeira Sacra. Todo isto grazas á excursión na que tamén participa Ana Soneira, concelleira de Medio Ambiente. O programa inclúe viaxes en catamarán polos canóns do río Sil, xantares populares e visitas a importantes bodegas onde, como non, tamén degustarán bos viños da zona.